Ramón del Valle, novo director xeral de Persoal: "Hai un alto grao de excelencia no equipo funcionarial"

Pontevedra
02 de maio 2024

Á fronte da área de persoal do Concello de Pontevedra está xa o seu novo director xeral. Trátase de Ramón del Valle, que no últimos oito anos foi xerente da Universidade da Coruña. Este xoves foi a súa primeira toma de contacto coa administración municipal

Eva Vilaverde con Ramón del Valle, director xeral de Persoal
Eva Vilaverde con Ramón del Valle, director xeral de Persoal / Concello de Pontevedra

Á fronte da área de persoal do Concello de Pontevedra está xa o seu novo director xeral. Trátase de Ramón del Valle, que no últimos oito anos foi xerente da Universidade da Coruña. Este xoves foi a súa primeira toma de contacto coa administración municipal.

A tenente de alcalde, Eva Vilaverde, destacou o curriculum "extenso e amplo" que ten Del Valle na función pública, xa que entre 1993 e 2016 traballou en diferentes departamentos da Xunta de Galicia. Chega agora a Pontevedra tras superar o proceso selectivo. 

Xa coñeceu "o temas pendentes que hai enriba da mesa, as prioridades e a maneira que temos de funcionar en Pontevedra", explicou Vilaverde, que subliñou que o seu obxectivo será mellorar e modernizar a administración para prestar un mellor servizo aos cidadáns. 

Na súa primeira comparecencia pública, Ramón del Valle asegurou que asumir esta responsabilidade é un "motivo de orgullo" e apuntou que o "alto grao de excelencia" do equipo funcionarial do Concello é un "aliciente" para afrontar este reto profesional.

"É unha responsabilibade moi grande pero iso estamos e por iso me presentei a este proceso", sostivo o novo director xeral de Persoal, que espera poder compartir a súa "modesta experiencia" para mellorar as diferentes áreas de traballo "día a día".

Ante a conflitividade laboral que se rexistra no Concello, Del Valle afirmou que se trata de cuestións "habituais" no sector público e que, neste caso, terán as súas "peculiaridades", pero confía en poder afrontar esta situación.

Nos próximos días manterá diversas reunións coa xefa de servizo da área de persoal e co secretario do Concello para ir avanzando nos detalles da xestión de persoal e preparar as seguintes fases de ofertas de emprego e de procesos selectivos.