Ravachol regresa á Peregrina para reinar no Entroido

Pontevedra
13 de febreiro 2019

A filla do escultor José Luis Penado, autor da imaxe en 2006, supervisou a reposición da escultura deste papagaio na céntrica praza. Un grupo vandálico estragara a figura en decembro de 2018 e deixárona abandonada na parte traseira da Peregrina

Instalación do loro Ravachol PontevedraViva

A escultura do loro Ravachol regresou este mércores á praza da Peregrina, dous meses despois do acto vandálico que a arrincou do seu emprazamento e antes da celebración das festas de Entroido o próximo mes de marzo.

A figura é obra do artista José Luis Penado, falecido aos 88 anos en 2016, está realizada en ferro e mide preto dun metro. Precisamente a súa filla foi a encargada de supervisar a reposición da escultura, que foi recuperada practicamente intacta, salvo os danos na súa base. Agora reforzouse a ancoraxe para evitar que volva romper.

Deste xeito, a reposición chega con tempo de antelación para que Ravachol poida seguir presidindo o Entroido pontevedrés, como leva facendo neste pedestal desde hai doce anos.

A derriba da estatua tivo lugar na madrugada do domingo 9 de decembro. Foi arrincada de raíz, pola base e localizouse horas despois a escasos cincuenta metros, depositada no chan na parte posterior da igrexa da Peregrina.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en