Reabren o santuario da Peregrina sen oficios relixiosos e con aforamento limitado

Pontevedra
10 de maio 2020

A fase 1 da desescalada servirá tamén para que igrexas e centros relixiosos poidan retomar certa actividade. Así será, entre outros, o caso do santuario da Peregrina, que reabrirá as súas portas este luns 11 de maio

Praza da Peregrina, Pontevedra
Praza da Peregrina, Pontevedra / Mónica Patxot

A fase 1 da desescalada servirá tamén para que igrexas e centros relixiosos poidan retomar certa actividade. Así será, entre outros, o caso do santuario da Peregrina, que reabrirá as súas portas este luns 11 de maio.

Iso si, será con condicións. Haberá un horario determinado e con drásticas medidas de seguridade e de coidado sanitario.

Por agora, o santuario da Peregrina non celebrará ningún tipo de oficio relixioso.

O templo abrirá de 9.30 a 13.00 horas polas mañás e de 18.00 a 20.00 horas polas tardes.

O acceso estará limitado a un máximo de 20 persoas que deberán usar máscara protectora e luvas, así como permanecer todo o tempo nos asentos habilitados.

En ningún caso poderán sentar máis dunha persoa por banco, salvo aquelas que acompañen a persoas con algunha dificultade ou discapacidade.

Non estará permitirá tampouco a reunión de persoas dentro do santuario nin no adro e todos os asistentes deberán gardar unha distancia mínima de dous metros entre elas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora