Concluíu a campaña de vendima nos viñedos da leira do Castelo de Soutomaior, que pertence á Deputación de Pontevedra. A empresa Enoturismo Acha cifra a recollida en 16.775 quilos de uva branca.
25 persoas participaron nestes traballos, que se realizaron durante o martes 12 e o mércores 13 nas catro hectáreas de terreo que ocupa a viña.
A empresa adxudicataria en poxa pública desta intervención encargarase agora de trasladar a uva e pagará 1,45 euros por quilo de uva albariña recollida e 1,05 euros para as outras variedades.
Desde 1984 recóllese uva na explotación vitivinícola do Castelo de Soutomaior. A uva que se atopa nas leiras é autóctona e albariña na súa maioría, aínda que tamén se atopan outras variedades brancas como godello, torrontés, loureiro ou treixadura, ademais de mencía e sousón de tintas