Recollida de "basuraleza" no Lago Castiñeiras para "concienciar á poboación da necesidade de reciclar"

Marín
10 de marzo 2020

Ecoembes e Turismo de Galicia, baixo o nome "1 metro cadraro pola natureza", celebraron a mañá deste martes 10 de marzo unha recollida de residuos con voluntariado na contorna do Lago Castiñeiras. A limpeza contou coa colaboración do voluntariado do Centro Privado de Educación Especial Juan XXIII e do Centro Príncipe Felipe. 

Voluntarios e voluntarias dos centros Juan XXIII e Centro Príncipe Felipe na recollida de lixo.
Voluntarios e voluntarias dos centros Juan XXIII e Centro Príncipe Felipe na recollida de lixo. / Concello de Marín

Ecoembes e Turismo de Galicia, baixo o nome "1 metro cadrado pola natureza", celebraron a mañá deste martes 10 de marzo unha recollida de residuos con voluntariado na contorna do Lago Castiñeiras. A limpeza contou coa colaboración do voluntariado do Centro Privado de Educación Especial Juan XXIII e do Centro Príncipe Felipe. 

A partir das 11:00 horas da mañá os participantes repartíronse en grupos para "peitear" diversas zonas do parque. En concreto, fixaron a actividade en torno á balsa de auga e a zona dos parques infantís e dos asadores, onde abundaba o lixo xerado pola maior afluencia de persoas.lago

Ademais, o responsable de Ecoembes en Galicia e o enxeñeiro forestal Gaspar Bernárdez deron dúas charlas introdutorias aos voluntarios, nas que explicaron como naceu a iniciativa e que tipo de flora e fauna existe na contorna do Lago Castiñeiras

O Concello de Marín, pola súa parte, defende que "é necesario concienciar a poboación da necesidade de reciclar e non tirar refugallos ao chan" e valora "moi positivamente" que se realicen actividades como esta na vila, na que, precisamente, estivo presente a alcaldesa de Marín, María Ramallo xunto coa directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro e os concelleiros Manuel Santos, Marián Sanmartín e Cristina Acuña.