Recollida espontánea e solidaria de fondos para pagar a multa do 'Pintxo Viño'

Pontevedra
12 de decembro 2015

Un grupo de clientes habituais do local da praza da Verdura están a promover unha campaña de micromecenazgo para recaduar fondos para axudar ao seu dono para pagar a multa de 601 euros por desobediencia á autoridade que lle impuxo a Subdelegación do Goberno en base á denuncia que realizou contra el un axente da Policía Local  

Álvaro Ibaibarriaga e un empregado do establecemento co bote de recollida de fondos
Álvaro Ibaibarriaga e un empregado do establecemento co bote de recollida de fondos / Mónica Patxot

Un bote con moedas e billetes preside a barra do local Pintxo Viño da praza da Verdura. Non é o típico recipiente que hai en moitos negocios para recoller propínalas dos clientes. Neste tamén se recolle diñeiro, pero non para premiar o bo facer dos traballadores. Déronllo ao seu dono, Álvaro Ibaibarriaga, un grupo de clientes habituais co obxectivo de recadar fondos para axudarlle a pagar a multa de 601 euros por desobediencia á autoridade que lle impuxo a Subdelegación do Goberno en base á denuncia que realizou contra el un axente da Policía Local de Pontevedra. 

O incidente que derivou na denuncia policial e a apertura dun expediente administrativo na Subdelegación do Goberno é dabondo coñecido polos clientes do Pintxo Viño. Ocorreu o 1 de novembro cando Álvaro quixo instalar a súa terraza durante o mercado de antigüidades dos domingos desatendendo as indicacións da Policía Local e durante días non houbo outro tema de conversación no local. Desde que lle chegou a notificación da sanción tampouco se fala doutra cousa e os clientes decidiron levarlle o bote en cuestión e correr a voz entre o resto de locais da praza

Puxeron en marcha unha especie de campaña de micromecenazgo -o que actualmente se coñece como crowfunding- que xurdiu de forma espontánea para solidarizarse con el porque ven "inxusta" e "desproporcionada" a sanción e nos primeiros días xa recadou uns 60 euros. Algún dos promotores deu a idea de que cada persoa achegue dez céntimos, de modo que a achega sería só simbólica, pero contribuiría ao fin perseguido: apoio moral e económico. 

Álvaro acolleu con moita satisfacción a iniciativa e instalou o bote nun lugar preferente agradecendo que "la gente se haya dado cuenta de la insjusticia de la Policía Local, de que lo que están haciendo es un abuso". A súa actuación daquel domingo ao pedir a un vendedor ambulante que retirase a súa manta para poder instalar as mesas da súa velador e desoír o que lle recomendaban os axentes da Policía Local foi cualificado pola Subdelegación como unha infracción grave en función do contido da nova Lei Orgánica 4/2015, do 30 de marzo, de protección da seguridade, a coñecida como Lei Mordaza

O dono do Pintxo Viño tira de sentido do humor e, ao referirse á multa, di que han llegado los Reyes Magos. Y vienen de azul". Os seus clientes quen axudar lle a que ese "regalo" do Nadal non lle afecte á economía do local e non teña que facer fronte el só ao pago de toda a sanción, unha medida que tamén apoia a asociación Centro Comercial Urbano Zona Munumental. El xa anunciou que recorrerá para tentar evitar pagala