Recoñecemento á Policía Local pola súa solidariedade coa doazón de órganos

Pontevedra
27 de xullo 2016

A Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI), entregou unha placa de agradecemento pola súa colaboración á Policía Local de Pontevedra

A Asociación de Doantes e Receptores de Órganos entrega un recoñecemento á Policía Local
A Asociación de Doantes e Receptores de Órganos entrega un recoñecemento á Policía Local / Mónica Patxot

A Policía Local de Pontevedra recibiu un recoñecemento "pola súa considerable solidariedade" a favor da doazón de órganos e tecidos.

Entregoullo a Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI) no medio dunha xornada de actividade na cidade de Lérez.

ADROVI intala o longo do ano mesas informativas na Peregrina para tentar aumentar o número de doantes de órganos e concienciar sobre a importancia deste xesto altruísta.

A xornada contou ademais coa colaboración do Centro de Transfusión de Galicia, que achegou ata a Praza de Ourense a súa unidade móbil de doazón de sangue.