O salón de actos do Hospital Montecelo acolleu hoxe a cerimonia de homenaxe ao persoal da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés que terminou a súa carreira profesional no Servizo Galego de Saúde (Sergas) ao longo do ano 2025.
Un total de 157 persoas, concretamente 119 mulleres e 38 homes, recibiron o recoñecemento da entidade pola súa actividade laboral dentro do sistema sanitario público.
A xornada contou coa asistencia do equipo directivo da área sanitaria, liderado polo seu xerente, José Flores Arias, ademais de diversos responsables de asistencia e compañeiros de traballo, que destacaron o labor desenvolvida por este profesionais tanto no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, no Hospital do Salnés e nos centros de Atención Primaria.

A representación dos profesionais homenaxeados correspondeu nesta ocasión a Fernando Lois Vidal, quen exerceu as suas tarefas no laboratorio do Hospital Montecelo e no centro de saúde de Lérez, e a Miguel Suárez Briones, facultativo do servizo de urxencias do complexo hospitalario pontevedrés.
Nas súas quendas de palabra, ambos os dous expuxeron as vivencias e os recordos acumulados durante as súas décadas de traballo, analizando o desenvolvemento da sanidade pública e a función que cumpren os cadros de persoal no coidado dos cidadáns.

Os dous representantes coincidiron en poñer en valor o esforzo en equipo, a inclinación pola sanidade pública e a implicación de todos os sectores, tanto das áreas estritamente médicas como das divisións non asistenciais, para o mantemento do servizo de saúde.

A intervención da Coral Polifónica O Chopo encargouse de poñer o apartado musical ao evento, cun repertorio dirixido especificamente aos traballadores xubilados.
