Récord de asistencia no Encontro de Palilleiras de Portonovo

Sanxenxo
04 de abril 2016

O Encontro de Palilleiras de Portonovo finaliza a súa novena edición cun éxito espectacular. Máis de 700 artesás de toda España acudiron a este encontro, no que centos de persoas puideron gozar desta arte de confección 

IX Encontro de Palilleiras
IX Encontro de Palilleiras / Concello de Sanxenxo

A carpa instalada no porto de Portonovo desbordou durante este domingo. Ata alí, acudiron máis de 700 artesás para celebrar o Encontro de Palilleiras. Con esa cifra, a novena edición batía récord en comparación coas preto de 500 participantes do ano 2015.

A escasos días do encontro, víronse obrigadas a pechar as inscricións por falta de espazo na carpa. Para a Asociación de Mulleres Rurais Santa Catalina, organizadora do evento, todo isto supón un gran éxito

Na cita, as protagonistas deste encontro, mulleres chegadas de toda Galicia e doutros puntos de España como Madrid ou Tarragona, puideron adquirir diversos complementos e ferramentas para a confección. Tamén foi unha cita na que as artesás puideron mostrar a arte do palillo ou o encaixe, entre outros, ás centenares de persoas que visitaron a carpa.

Mantelinas, xogos de cama, colchas, roupa de bebe ou mesmo ligas de noiva, son só unha mostra dos complementos confeccionados con esta técnica artesanal que os visitantes podían adquirir. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora