Recuperan o corpo dun pescador falecido en Punta Cabicastro

Sanxenxo
20 de decembro 2021

O helicóptero do 112 trasladou esta tarde a un home natural de Cambados despois de caer ao mar mentres pescaba en Sanxenxo

Helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas de Galicia Salvamento Marítimo / Twitter

O 112 tivo que mobilizar esta tarde ao seu helicóptero Pesca 1 para proceder ao rescate dun pescador que caeu ao mar na zona de Punta Cabicastro, en Sanxenxo.

Informan testemuñas do suceso, que o home, natural de Cambados, sufriu un forte golpe ao caer ao mar polo que as primeiras hipóteses apuntan a que faleceu no acto por mor do impacto.

Ao redor das 16.30 horas o 112 recibiu a primeira chamada de alerta para mobilizar ao servizo de Emerxencias de Sanxenxo, Garda Civil, 061 e aos Gardacostas, que non puideron facer nada por salvar ao pescador.