Recuperan o corpo sen vida do mergullador desaparecido en Carril

O Salnés
29 de marzo 2016
Actualizado: 12:43

O corpo de Gonzalo Corda Guillán, de 41 anos de idade, foi atopado arredor das 12.00 horas nas proximidades do punto onde o seu compañeiro dixera que se mergullara para desancorar un rizón no peirao de Carril

Dispositivo de búsqueda de Protección Civil do mergullador desaparecido en Carril
Dispositivo de búsqueda de Protección Civil do mergullador desaparecido en Carril

O corpo sen vida de Gonzalo Corda Guillán, de 41 anos de idade, foi atopado arredor das 12.00 horas deste martes 29 de marzo nas proximidades do punto onde o seu compañeiro dixera que se mergullara para desancorar un rizón no peirao de Carril

Esta mañá, ás 09.30 horas, retomáranse os labores de procura de Salvamento Marítimo, Garda Civil e Policía Nacional, ademais dos servizos de Protección Civil.

A desaparición producíase este luns 28 a últimas horas da tarde. A partir dese momento iniciouse unha intervención na súa procura por terra, mar e aire, contando durante esta mañá tamén con dous mergulladores da Garda Civil.

O suceso produciuse cando o desaparecido atopábase cun amigo nun viveiro próximo ás zonas de procura. O mergullador dispúxose a entrar no mar en procura dunha áncora mentres o seu compañeiro esperaba o seu retorno. Despois de dúas horas de demora, ao non ter novas sobre el, alertou aos servizos de emerxencias.