Se o luns Pol Granch mobilizou un gran número de fans abarrotando o recinto acoutado na Praza de España e os arredores da zona valada, este martes Recycled DJ foi á zaga co seu show nas pistas de Campolongo.
Desde primeira hora da mañá un bo grupo de mozos tomou posición á entrada das pistas para asegurar un bo lugar e así seguir de preto ao artista madrileño.
"Polo visto hai xente desde hoxe pola mañá. Hoxe líase Pontevedra", sinalaba horas antes do concerto o propio Recycled DJ nas súas redes sociais compartindo un vídeo desa cola de seguidores.
A asistencia foi tal que non só se encheu o recinto das pistas polideportivas, senón que a presenza de mozos expandiuse cara á zona de xardíns próxima para polo menos poder escoitar o concerto, obrigando á Policía Local a controlar a zona para evitar grandes aglomeracións.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.