Reducen cun táser unha persoa por unha "alteración grave" nun inmoble de Campelo

Poio
08 de decembro 2024

A Policía Local de Poio viuse na necesidade de empregar a arma de electrochoque ante a imposibilidade de reducir o home, paciente cunha patoloxía psiquiátrica

Intervención da Policía Local en Campelo por unha "alteración grave"
Intervención da Policía Local en Campelo por unha "alteración grave" / Policía Local de Poio

Unha persoa tivo que ser reducida polas forzas da orde este domingo 8 de decembro pola mañá mediante o uso dun táser.

Ocorreu en Campelo, durante unha intervención da Policía Local de Poio ante unha "alteración grave" nun inmoble da zona.

Segundo indica o corpo de seguridade municipal, os axentes víronse na necesidade de usar a arma de electrochoque para reducir unha persoa que se atopaba moi alterada e que contaba con antecedentes psiquiátricos.

O uso desta arma responde á intención causar o menor dano posible á persoa que sofre a descarga.

Neste caso, a Policía Local entrou no domicilio coa colaboración dos sanitarios dunha ambulancia medicalizada, atopándose que o paciente ofrecía unha gran resistencia e que era inviable reducilo doutra maneira.

De feito, sinala a policía municipal, tanto os familiares do afectado como os veciños agradeceron aos axentes a súa intervención, na que resultou ferido leve un dos policías.

O home foi trasladado forzosamente ao Hospital Provincial de Pontevedra.

Por outra banda os feitos foron postos en coñecemento do xulgado de garda.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora