Reforzan a pasarela de madeira da senda peonil e ciclista da Lanzada

Sanxenxo
22 de setembro 2021

Nun treito duns 700 metros da pasarela de madeira da senda peonil e ciclista da Lanzada, na PO-308, están a actuar operarios da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para realizar traballos de conservación e reforzo da estrutura

Traballos de conservación na pasarela da Lanzada
Traballos de conservación na pasarela da Lanzada / Xunta de Galicia

Nun treito duns 700 metros da pasarela de madeira da senda peonil e ciclista da Lanzada, na PO-308, están a actuar operarios da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para realizar traballos de conservación e reforzo da estrutura.

A madeira está en bo estado, segundo acreditan as inspeccións realizadas, pero resultaban necesarias dúas intervencións para reforzar o mantemento da pasarela

Os traballos, que teñen un prazo de execución estimado de dous meses, consisten na corrección de dous apoios da plataforma da pasarela, nos que o terreo veu minorada a capacidade portante pola acción da auga de escorrenta da estrada.

Para iso repararase a pasarela entre o punto quilométrico 25+200 e 27+970 e realizarase unha mellora da drenaxe neses puntos de apoio para evitar afeccións no futuro.

Doutra banda, a intervención inclúe o reforzo da varanda mediante a disposición de montantes de madeira, co obxectivo de incrementar a súa durabilidade a longo prazo.