Reforzan os equipos de limpeza para acondicionar os parques de Sanxenxo

Sanxenxo
19 de xuño 2020

A situación de alerta sanitaria e as choivas, segundo o Concello, atrasou os traballos que cada ano realízanse co inicio da primavera, ao ter que dar prioridade á desinfección dos espazos e edificios públicos

Tarefas de roza en Soutullo
Tarefas de roza en Soutullo / Concello de Sanxenxo

Quince operarios traballarán este verán para que os espazos públicos de Sanxenxo, principalmente as pistas rurais e os parques, estean en perfectas condicións.

A situación de alerta sanitaria e as choivas, segundo o Concello, atrasou os traballos que cada ano realízanse co inicio da primavera, ao ter que dar prioridade á desinfección dos espazos e edificios públicos.

Pasado o estado de alarma, o goberno municipal reforzou este servizo tanto en persoal como en material para axilizar a roza e acondicionamento destes espazos.

O departamento de Parques e Xardíns contratará a 9 operarios que se sumarán ás seis persoas que habitualmente realizan estas tarefas de acondicionamento. O persoal dividirase por equipos de traballo para poder alcanzar as sete parroquias do municipio e irán rotando de formal semanal.

En canto aos medios materiais, o Concello contratou durante un mes o servizo dunha rozadora que se sumará á do servizo municipal, chegando a coincidir ata catro coas rotatorias da Mancomunidade do Salnés e da Deputación de Pontevedra.

Nas últimas semanas, xa se acondicionaron os accesos aos areais do municipio e realizáronse rozas de camiños en distintos puntos do rural e parques.

Tamén está previsto iniciar a próxima semana o acondicionamento dos espazos públicos e as zonas verdes do polígono empresarial de Nantes.