O secretario xeral do Partido Socialista na provincia de Pontevedra, David Regades, compareceu este xoves ante o Hospital Provincial para esixir ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda "que dé la cara" ante a "crítica" situación sanitaria e que non prescinda de prazas MIR.
"Que seguiremos demandando una reunión de alto nivel de los alcaldes y alcaldesas del área Sanitaria con el presidente de la Xunta porque así lo exige la situación y así lo merece la ciudadanía", insistiu.
Acompañado de alcaldes e portavoces municipais do PSdeG-PSOE no distrito sanitario de Pontevedra o secretario xeral socialista na provincia confirmou que asistirán á reunión que os rexedores manterán esta tarde co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para analizar a situación da atención primaria e hospitalaria. "Somos un partido institucional", dixo "acudimos a la reunión con el conselleiro por pura cortesía y lealtad institucional".
Regades alertou que a Sanidade Pública en Galicia "está en una situación crítica de fuerte deterioro" que é, segundo sinalou, "fruto de políticas públicas practicadas por el Partido Popular que pasan por los recortes y por la privatización de los servicios públicos", polo que considera necesario "tomar medidas urgentes" e pide á Xunta que reforce os investimentos e aumente os recursos humanos na área sanitaria de Pontevedra.
Por isto esixiu "la actuación directa de Alfonso Rueda" ao que acusou de estar escondido e de facer "tanto daño" a esta área sanitaria. Reclama ao presidente galego que "dé soluciones efectivas y que no se ampare y no responsabilice a los alcaldes o al Gobierno de España".
Neste sentido, David Regades instou á Xunta a convocar as 725 prazas de médicos internos residentes (MIR) destinadas a Galicia e non só 620 xa que "no podemos prescindir de médicos". Tamén engadiu que a Xunta "desvió 159 millones" dos 418 millóns de euros extraordinarios do fondo Covid a "fins descoñecidos".
"Esperamos que en el día de hoy nos hagan propuestas", afirmou David Regades.
Por último, expresou o apoio do Partido Socialista á manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública o próximo 12 de febreiro en Santiago de Compostela.