Registro Presencia: a app 100% galega que revoluciona o control horario nas empresas

Pontevedra
15 de setembro 2025

Cluster365 Soluciones TIC, empresa radicada en Sanxenxo, desenvolveu o programa Registro Presencia para levar o control do rexistro da xornada laboral

Registro Presencia, programa con desenvolvemento 100 % galego para levar o rexistro da xornada laboral
Registro Presencia, programa con desenvolvemento 100 % galego para levar o rexistro da xornada laboral / Cluster365 Soluciones TIC

Con sede en Sanxenxo, Cluster365 Soluciones TIC deseñou Registro Presencia, un programa con desenvolvemento 100 % galego que simplifica o cumprimento legal do rexistro horario nas empresas.

Con máis de 30 anos de experiencia en desenvolvemento e implantación de sistemas informáticos, a compañía ofrece unha aplicación práctica, segura e adaptable a negocios de calquera tamaño.

 

Unha solución para todas as empresas

 

A lexislación española obriga a todas as empresas a levar un control rigoroso da xornada laboral dos seus traballadores, tanto presenciais como en teletraballo.

Pensada para adaptarse ás necesidades da contorna empresarial moderna, Registro Presencia posiciónase como unha ferramenta online áxil e sinxela para garantir o devandito cumprimento, tanto en grandes como en pequenos negocios.

A aplicación funciona integramente na nube, o que significa que non require instalar ningún software e é accesible dende calquera dispositivo con conexión a Internet.

Todos os datos se almacenan de forma segura, con copias de seguridade automáticas e acceso dende calquera lugar do mundo.

Os empregados poden fichar dende o seu computador, tablet ou teléfono móbil, e a empresa dispón en tempo real de todos os datos de entrada e saída.

 

Métodos de fichaxe e xestión completa

 

Registro Presencia ofrece múltiples formas de rexistro: dende unha páxina web ou unha aplicación no teléfono móbil (dispoñible tanto en Android como en iOS), con código PIN nunha tablet, con tarxeta ou chaveiro RFID ou por recoñecemento facial.

Sempre atendendo ás necesidades dos clientes, a aplicación incorporou recentemente o "modo auto", que permite á persoa usuaria pulsar un único botón, e o sistema xa se encarga de identificar e rexistrar se se trata de entrada ou saída.

Registro Presencia tamén integra calendarios laborais, xestión de vacacións, baixas, quendas, incidencias e unha axenda interna de tarefas e eventos.

Ademais, conta cun servizo de correo corporativo 100% seguro e sen spam que notifica a empregados e administradores calquera novidade, e con informes automáticos exportables en Excel, PDF ou CSV.

Estes servizos converten a Registro Presencia nunha ferramenta integral que facilita a planificación de RRHH e tamén a comunicación corporativa e a xestión documental.

 

Prezo competitivo e sen permanencia

 

Un dos aspectos máis atractivos desta solución é o seu modelo de pago flexible.

As empresas só pagan 1 euro ao mes por empregado (máis IVE), sen compromiso de permanencia, con soporte técnico incluído, mantemento e actualizacións automáticas sen custo adicional.

A compañía ofrece un período de proba de 30 días totalmente gratuíto e 100% operativo para que calquera negocio poida comprobar as súas vantaxes antes de decidirse.

Ademais destas vantaxes, Cluster365 Soluciones TIC lanza unha promoción irresistible: só ata o 31 de decembro de 2025, as empresas que contraten a app obterán un 100% desconto na alta da licenza de uso.

 

Evitar sancións

 

Nunha contorna regulatoria cada vez máis estrita en materia de control de xornada laboral, as empresas requiren solucións que sexan eficientes, accesibles e seguras.

Non cumprir coa normativa de control horario supón carrexar infraccións que poden ir dende os 60€ ata os 187.515€, para as infraccións moi graves.

Registro Presencia responde a esas esixencias cunha solución integrada, multiplataforma e de rápida implantación, que permite ás empresas adiantarse á lei e aforrar diñeiro en multas.