Os nenos e nenas pontevedreses terán a posibilidade de ver aos Reis Magos o próximo 3 de xaneiro.
Melchor, Gaspar e Baltasar incluíron unha nova parada na súa ruta previa a unha das noites máis especiais do ano.
Así, segundo anunciou a Deputación de Pontevedra, as súas Maxestades de Oriente visitarán o Pazo Provincial na Avenida Montero Ríos o vindeiro venres día 3.
"As súas maxestades van ser recibidas na institución provincial para recoller en persoa as cartas dos máis cativos da provincia", adiantou o presidente da Deputación, Luís López.
A cita terá lugar ás 12.00 do mediodía.
Antes os Reis Magos visitarán as instalacións da Cidade Infantil de Príncipe Felipe.
"É algo que nunca antes pasara na historia da Deputación", destacou o presidente provincial tras confirmar a tan especial visita.
Unha cita que non será a única na cidade, que acollerá o domingo 5 de xaneiro a tradicional Cabalgata de Reis.