Rematan as obras de alumeado público da estrada Vilaseca – O Pazo

Marín
15 de xaneiro 2021

Os traballos supuxeron unha inversión de 48.300 euros e dividíronse en dous tramos: no tramo de Vilaseca renovaron a instalación e están colocando novos puntos de luz para facer máis extensa a rede de alumeado; mentres que en Monte de Víos están a instalar un novo alumeado, xa que non se contaba con este servizo neste tramo

María Ramallo e Pablo Novas visitan as obras de renovación do alumeado na estrada Vilaseca – O Pazo
María Ramallo e Pablo Novas visitan as obras de renovación do alumeado na estrada Vilaseca – O Pazo / Concello de Marín

O Concello de Marín xa rematou as obras de renovación do alumeado público da estrada Vilaseca – O Pazo, na parroquia de Ardán.

Esta mesma semana, a alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitaron as obras de renovación de todo o alumeado público da estrada.

Os traballos supuxeron unha inversión de 48.300 euros e dividíronse en dous tramos: no tramo de Vilaseca renovaron a instalación e están colocando novos puntos de luz para facer máis extensa a rede de alumeado; mentres que en Monte de Víos están a instalar un novo alumeado, xa que non se contaba con este servizo neste tramo.

En total, renovaron 20 puntos de luz e instalaron outros 21 novos para reforzar a seguridade viaria en toda a zona.