Rematan as obras no parque Rosalía de Castro

Pontevedra
27 de marzo 2019

O remate das obras no parque Rosalía de Castro cara a explanada do recinto feiral e a consolidación e renovación do circuíto peonil da fachada da avenida de Compostela completan os traballos de mellora da contorna do Pazo da Cultura

Parque de Rosalía de Castro
Parque de Rosalía de Castro / Concello de Pontevedra

O remate das obras no parque Rosalía de Castro cara a explanada do recinto feiral e a consolidación e renovación do circuíto peonil da fachada da avenida de Compostela completan os traballos de mellora da contorna do Pazo da Cultura.

A concellería de Parques, Xardíns e Medio Ambiente Natural puxo en marcha estes traballos de mellora co fin de que este espazo de paso cara ao campus estea en boas condicións de uso e goce da veciñanza.

Os traballos no parque Rosalía de Castro supuxeron a creación dunha nova senda peonil que consolida o camiño xerado polo tránsito de persoas pola zona e que conecta a pista de saída dos vehículos do estacionamento do Pazo coa vía de acceso á este estacionamento. Ademais tamén eliminouse un acceso rodado feito por condutores a través do propio parque (situado entre a entrada ao estacionamento e a súa saída).

Está previsto facer neste espazo un tratamento de xardinería para que recupere a zona verde. Por outra banda recentrouse a estatua de Rosalía de Castro, situada no entronque coa ponte de Santiago, de tal xeito que sexa máis visible, tendo en conta que é a figura que lle dá nome ao parque.

Coa renovación do circuíto peonil da fachada da avenida de Compostela, que une a ponte de Santiago co campus universitario se está a resolver tamén os problemas de pluviais que provocaran o deterioro do firme e a creación de fochancas.

Ademais os traballos incluíron a limpeza e reparación dos bancos iluminados con cores da fachada desta avenida e o arranxo de todo o dispositivo de iluminación.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora