A partir do próximo martes 21 de xullo, coincidindo co Día Mundial do Can, Renfe cambiará a súa política con respecto a estes animais.
A operadora ferroviaria permitirá que os seus pasaxeiros viaxen con cans de até 40 quilos, ocupando a praza interior xunto a ventá, á beira dos seus donos.
Con esta medida, Renfe fai universal un servizo que até agora só estaba dispoñible nalgúns trens AVE e corredores ferroviarios.
Ademais de poder viaxar coa mascota de gran tamaño en todos os traxectos, este novo modelo tamén ofrece a posibilidade de acceder ao tren desde calquera parada intermedia e non só ao comezo da viaxe.
Quedan excluídos destas viaxes os cans menores dun ano, se son de raza potencialmente perigosa, ou cando se trate de femias en celo.
En cada tren poderán viaxar dous cans de até 40 quilos, que se situarán no coche marcado como "pet friendly". Ao comprar o billete, unha pegada de can identificará os trens que admiten mascotas sen transportín.
O dono debe comprar un billete e un complemento de can até 40 quilos e o sistema asignará automaticamente dous asentos contiguos.
Os cans deberán levar cunha correa non extensible de 1,5 metros e a boceira posta tanto na estación como no momento do embarque e o desembarque do tren.
O dono deberá levar a documentación oficial en regra: cartilla de vacinación actualizada, ou o pasaporte europeo para animais de compañía, así como cun kit de limpeza (empapador, toalliñas, bolsas, espray desinfectante e antiolor)
Ademais, no control de acceso aos trens entregarase aos donos un kit de viaxe composta por unha funda de asento e unha alfombriña para o can, que deberá colocar no asento e retirar cando finalice a súa viaxe.
Os billetes para os cans poderanse adquirir tanto na páxina web e na app de Renfe a un prezo de 40 euros, en caso de viaxar en AVE, Alvia ou Avlo.
Pola súa banda, para as liñas Avant e de media distancia fíxase a tarifa xeral.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.