Renovan a área de atención ao paciente do Hospital Provincial

Pontevedra
11 de outubro 2018

Os pacientes e usuarios do Hospital Provincial de Pontevedra xa contan cunha renovada área de Atención ao Paciente, emprazada xunto ao banco de sangue no andar 0 da parte posterior do bloque central deste centro hospitalario do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), con acceso desde a rúa Joaquín Costa

Área de atención ao paciente do Hospital Provincial
Área de atención ao paciente do Hospital Provincial / Chop

Os pacientes e usuarios do Hospital Provincial de Pontevedra xa contan cunha renovada área de Atención ao Paciente, emprazada xunto ao banco de sangue no andar 0 da parte posterior do bloque central deste centro hospitalario do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), con acceso desde a rúa Joaquín Costa.

O xerente, José Ramón Gómez Fernández, visitou este xoves estas dependencias administrativas que, con máis de 60 metros cadrados de capacidade, contan con tres despachos, área de recepción e vestíbulo.

A área de Atención ao Paciente atenderá e asesorará aos usuarios dos servizos sanitarios públicos do Sergas orientando tanto aos pacientes coma aos seus familiares cando acoden ou ingresan no Hospital Provincial

A área tamén tutela do cumprimento dos dereitos dos pacientes e usuarios, atendendo, tramitando e xestionando reclamacións e suxestións que se presenten, propoñendo así mesmo resolucións e actuacións de tutela de acordo á lexislación vixente.