Renovan as tuberías deterioradas da Avenida de Galicia

Ponte Caldelas
09 de marzo 2021

Colocaranse novas arquetas de rexistro e cambiaranse todas as tubaxes de saneamento, pluviais e abastecemento de agua

O alcalde de Ponte Caldelas visita as obras da Avenida de Galicia
O alcalde de Ponte Caldelas visita as obras da Avenida de Galicia / Concello de Ponte Caldelas

Iniciada a obra de reforma da Avenida de Galicia, o Concello de Ponte Caldelas detectou que a maior parte das tuberías de saneamento, pluviais e abastecemento de auga se atopaban nun estado de deterioro considerable.

O goberno local tomou a decisión de facer unha completa renovacion de todas as tubaxes, incluidas as arquetas de rexistro.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz declarou que "non me gustaría que dentro dun ano, a causa dalgunha rotura, houbese que volver levantar a rúa". 

"O estado no que atopamos as tuberías ó comezar a obra é deplorable", engadiu o alcalde, que considera que esta é unha cuestión prioritaria para evitar "sustos" a curto prazo.