Renovan o valado da praia de Bascuas e ultiman a nova pasarela de Foxos

Sanxenxo
11 de marzo 2021

O Concello de Sanxenxo continúa coa posta a piques dos areais e coa mellora dos accesos

Nova valado en Bascuas
Nova valado en Bascuas

Bascuas contará nas próximas semanas cun novo valado que substituirá ao actual que se atopa moi deteriorado.

O material que se está empregando é plástico reciclado que garante unha maior resistencia e durabilidade. En total, son 110 metros de valo que reforzarán a seguridade na contorna ademais de ofrecer unha mellor imaxe.

Mentres se realizan estes traballos, tamén se está renovando a pasarela de madeira de Foxos, unha actuación que concluirá esta semana e que se suma ás substitucións xa realizadas en Major e Pragueira. 

Montalvo será a próxima praia na que se actúe coa renovación total dun dos accesos ao areal que coincide coa baixada da zona dos cámpings.