O centro pesado de datos (CPD) do Concello, o servidor onde está almacenada diversa e cuantiosa información municipal, vai a cambiar de situación por seguridade.
Situado agora no cuarto andar do edificio de Michelena 30, os criterios técnicos aconsellan transportalo ata o andar -1. "É a parte do edificio máis segura", explicou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías.
Para acometer este traslado, o Concello terá que realizar unha serie de reformas, de illamento e de seguridade, pois "se antes o punto con máis demandas de seguridade nos concellos eran os arquivos, agora é neste centro de datos".
En concreto, estes servidores estarán no lugar ocupado agora mesmo polas oficinas do Partido Popular, que pasará ao espazo que ocupan agora mesmo os aseos e que será rehabilitado.
Esta actuación vén enmarcada no desenvolvemento da administración electrónica municipal, na que se investiron uns dous millóns de euros nos últimos anos.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.