Reorganización no goberno provincial coa marcha de David Regades

Pontevedra
20 de xullo 2018

Tras asumir David Regades o seu novo posto na Zona Franca de Vigo, o edil vigués Ángel Rivas ocupará a súa acta de deputado provincial o próximo mes de setembro. Mentres iso sucede as súas responsabilidades na área de Cooperación recaerán en Carlos López Font

David Regades, deputado de Cooperación
David Regades, deputado de Cooperación / Mónica Patxot

O goberno da Deputación de Pontevedra foi obxecto de reorganización tras a marcha do deputado David Regades, novo delegado da Zona Franca de Vigo.

Aínda que oficialmente Regades continuará como deputado ata o próximo pleno, cando se oficialice a súa renuncia, a presidenta provincial, Carmela Silva, confirmou como se redistribuirá o traballo dentro do seu equipo de goberno.

O concelleiro vigués Ángel Rivas asumirá o acta de deputado, ao ser o seguinte na lista, pero esta circunstancia non se producirá oficialmente ata o mes de setembro debido á tramitación necesaria.

Por iso mentres iso sucede será Carlos López Font o que asuma a área de Cooperación, que ata agora dirixía David Regades.

Debido a iso deberá delegar outras das súas áreas noutros compañeiros, polo que Santos Héctor asumirá Tesourería e o ORAL e Digna Rivas fará o propio con Arquitectura e Servizo de Asistencia Técnica a Municipios.