Reorganizan as dependencias municipais de Vilaboa para mellorar a accesibilidade

Vilaboa
11 de marzo 2021

O rexistro municipal, un dos servizos máis utilizado pola cidadanía, pasou agora a situarse na planta baixa, o que evita aos usuarios ter que utilizar as escaleiras para presentar calquera tipo de documento

Rexistro municipal de Vilaboa
Rexistro municipal de Vilaboa / Concello de Vilaboa

A casa do concello de Vilaboa experimentou unha remodelación interior para que as súas dependencias teñan unha maior accesibilidade, especialmente pensada para facilitar a atención ás persoas maiores ou que teñan mobilidade reducida.

O rexistro municipal, un dos servizos máis utilizado pola cidadanía, pasou agora a situarse na planta baixa, o que evita aos usuarios ter que utilizar as escaleiras para presentar calquera tipo de documento.

"Sabemos que aínda queda moito traballo pendente pero cada paso é un avance nun concepto que temos moi claro", explicou o alcalde, César Poza, que entende que o goberno municipal debe "poñerlle as cousas fáciles a aquelas persoas que teñan reducida a mobilidade".