Reparado o acceso á igrexa de San Bartolomeu coa instalación dunha nova tarima

Pontevedra
10 de xaneiro 2024

A concellería de Servizos Urbanos básicos desenvolveu esta obra durante os últimos días debido ao deterioro en que se atopaban as pezas da tarima anterior. A obra realizouna a empresa GPD cun contrato de 24.135 euros

Operario traballando na instalación da tarima de acceso a San Bartolomeu
Operario traballando na instalación da tarima de acceso a San Bartolomeu / Concello de Pontevedra

Durante esta semana está a traballarse na instalación da nova tarima de acceso á igrexa de San Bartolomeu no centro histórico de Pontevedra.

A concellería de Servizos Urbanos básicos, responsabilidade do edil Xaquín Moreda, acometeu a reparación do pavimento exterior de ingreso ao templo

Os traballos consistiron en cambiar a tarima de madeira que presentaba pezas deterioradas por unha nova que evite riscos para as persoas que acoden á igrexa.

A empresa GPD foi a encargada de asumir a obra cun contrato de 24.135 euros.

O Concello priorizou esta intervención a peticióo do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que defende o mantemento dos espazos públicos "en perfecto estado de uso", garantindo a seguridade para as persoas que se achegan ao templo.