Reparan a avaría no saneamento de Caños de Moledo en Ardán

Marín
11 de novembro 2020

A empresa Canalis, encargada de arranxar a avaría no saneamento, realizou unha inspección visual cun equipo robotizado que permitiu acceder a toda esta zona de difícil acceso. Ademais, levarase a cabo unha limpeza e desatasco dos residuos que poidan aparecer na rede de saneamento por medio dun camión hidrodinámico de alta presión

Reparación do saneamento no lugar de Caños de Moledo, en Ardán
Reparación do saneamento no lugar de Caños de Moledo, en Ardán / Concello de Marín

O Concello de Marín está levando a cabo a reparación dunha avaría nun treito do saneamento no lugar de Caños de Moledo, na parroquia de Ardán, utilizando unha tecnoloxía punteira para a realización deste tipo de traballos.

A empresa Canalis, encargada de arranxar a avaría no saneamento, realizou unha inspección visual cun equipo robotizado que permitiu acceder a toda esta zona de difícil acceso. Ademais, levarase a cabo unha limpeza e desatasco dos residuos que poidan aparecer na rede de saneamento por medio dun camión hidrodinámico de alta presión.

Para rehabilitar o colector danado, utilizarase unha técnica de encamisado, que utiliza un material a base de fibra de vidro e redes de poliéster.

O orzamento da actuación ascende a preto de 12.379 euros.