O Concello de Pontevedra iniciou nestes días un arranxo integral da iluminación pública da rúa San Antoniño para reparar danos existentes nos fustes dos farois.
Os traballos que se dirixen dende a Concellaría de Mantemento de Espazos Públicos que dirixe Eva Vilaverde consisten na limpeza dos 33 farois da rúa retirando pintadas, adhesivos e calquera outro elemento que supoña unha degradación das luminarias.
Os operarios do departamento retiraron a base dos 33 fustes porque se atopan en mal estado e corroídas, e colocaron unha nova cápsula.
O mantemento remata co pintado da columna e o incremento dunha fila led en cada luminaria que permitirá un aumento da potencia de iluminación en toda a rúa.