Repoñen catro camelios da Ferrería que estaban "totalmente secos"

Pontevedra
13 de abril 2023

Dous son camelios son exemplares de gran porte e espectacularidade que estaban na parte superior da praza e outros dous, dunhas dimensións algo inferiores, están na zona baixa. Con todas estas novas árbores, o Concello busca optimizar a calidade paisaxística da praza

Reposición de camelios na Praza da Ferrería
Reposición de camelios na Praza da Ferrería / Mónica Patxot

Operarios do servizo municipal de Parques e Xardíns iniciaron este xoves os traballos para repoñer catro dos camelios da Praza da Ferrería. 

As árbores, segundo destacan desde o Concello, quedaran "totalmente secas".

Dúas son camelios son exemplares de gran porte e espectacularidade que estaban na parte superior da praza e outras dúas, dunhas dimensións algo inferiores, están na zona baixa.

Con todas estas novas árbores, o Concello busca optimizar a calidade paisaxística da praza.

Estes traballos complementan á renovación das zonas verdes que rodean á Praza da Ferrería, onde se actuou nas áreas axardinadas da Praza da Estrela ou nos Xardíns de Casto Sampedro.