Representantes do persoal e a dirección de Cespa retoman as negociacións sen avances

Pontevedra
18 de novembro 2016

Malia que a dirección da empresa adxudicataria do servizo de recollida de lixo en Pontevedra convocara unha nova xuntanza para reanudar a negociación do convenio, despois de tres horas só se acordou retomar a conversa o luns 28 de novembro

Concentración de persoal de CESPA
Concentración de persoal de CESPA / Mónica Patxot

Volveron reunirse pero sen que se avanzara nada na negociación. Os representantes sindicais de Cespa, a empresa adxudicataria do servizo de limpeza e recollida dos lixos en Pontevedra, mantiñan este venres 18 retomaban as conversacións para tentar chegar a un acordo sobre o convenio colectivo. 

Despois de tres horas de duración, segundo Juan Carlos Corredoira, presidente do comité de empresa, non se avanzou na negociación. "Saímos igual que entramos", afirma o delegado de UXT. O único punto de acordo foi volver citarse o vindeiro luns 28 de novembro.

A dirección presentouse na reunión coa mesma oferta da anterior, cunha suba dun 0,5%, unha cifra que os representantes sindicais rexeitan porque reclaman un incremento máis acorde á subida da vida.

Se o 28 de novembro non se alcanza un acordo, os sindicatos volverán convocar aos traballadores para unha nova concentración o próximo 3 de decembro ante a sede e a empresa, mantendo o calendario de mobilizacións.