Representantes sindicais da Policía Local denuncian deficiencias nos sinais de tráfico

Pontevedra
28 de decembro 2016

Alertan do uso de sinais antirregulamentarias de carácter temporal durante as celebracións, da sinalización de Vado Permanente non adaptada ao Regulamento de Circulación, a utilización só da lingua galega ou da ineficacia do sinal de restricción de circulación na rúa Alameda

Sinal escrita en galego na rúa Pastor Díaz
Sinal escrita en galego na rúa Pastor Díaz / PontevedraViva

Os representantes sindicais de Comisións Obreiras e de UXT na Policía Local, Antonio Millares e José Moldes, continúan denunciando situacións irregulares na cidade dentro da campaña que están a desenvolver con motivo do conflito laboral que manteñen co goberno de Pontevedra. Neste sentido, Millares e Moldes presentan un informe no que mostran as deficiencias e irregularidades da sinalizacións de tráfico no municipio

Desta forma, denuncian a sinalización eventual que se emprega cando hai algún acontecemento. Os sindicalistas indican que un valo de obra, un sinal colgado nela e unha lenda en papel plastificado é unha práctica de sinalización "antirregulamentaria e incorrecta".

Tamén denuncian que a sinalización dos Vados Permanentes en Pontevedra non se atopa adaptada ao Regulamento Xeral de Circulación. Indican, neste sentido, que o goberno local "pasa de cumprir" a lei e reclaman que explique á cidadanía por que se seguen denunciando e retirando vehículos estacionados en vados permanentes sen que a súa sinalización sexa a correcta.

Tamén denuncian irregularidades en Loureiro Crespo e Cruz Gallástegui e piden que se estableza un criterio único de sinalización coa indicación de zonas de estacionamento se se permiten ou establecer a súa prohibición, co obxectivo de que se ofreza seguridade xurídica aos usuarios.

Millares e Moldes lamentan que o goberno local non asuma as responsabilidades de ordenar a convivencia entre peóns e vehículos. Ademais reclaman unha regulación do tráfico en rúa Alameda que evite as confusións definindo o concepto "agás servizos" e a retirada dun sinal, que consideran ineficaz. 

Por último indican que o goberno local continúa utilizando a lingua galega nos sinais omitiendo o castelán, a pesar dunha sentenza en contra e da esixencia normativa.

Estes dous sindicatos entenden que a concelleira Carme da Silva "só foi capaz de ofender, vexar e tentar humillar publicamente aos portavoces sindicais do persoal de Policía" cando se presentou o anterior informe por parte destes representantes sindicais sobre o uso da bicicleta na cidade