Rescatan un adolescente que se lanzou ao río Lérez desde a ponte das Palabras

Pontevedra
11 de agosto 2025

O menor, de 17 anos e veciño de Marín, foi reanimado polos servizos de emerxencia e trasladado ao Hospital de Montecelo

Operativo de rescate na ponte das Palabras, en Monte Porreiro
Operativo de rescate na ponte das Palabras, en Monte Porreiro / PontevedraViva

Un menor foi rescatado este luns do río Lérez tras lanzarse á auga desde a ponte das Palabras, en Monte Porreiro.

Trátase dun mozo de 17 anos de idade e veciño de Marín.

Ocorreu pouco antes das 20.00 horas da tarde, cando o menor se atopaba no lugar en compañía doutras persoas e, por motivos que se descoñecen, tirouse ao río.

Debido á altura do salto o adolescente tería perdido a consciencia.

Debido a iso e ao non aparecer na superficie, enseguida deuse a voz de alrma activándose un importante dispositivo de emerxencia para tratar de socorrelo.

Operativo de rescate en el puente de Las Palabras en Monte Porreiro
Operativo de rescate na ponte das Palabras en Monte PorreiroPontevedraViva

Foi localizado polos Bombeiros de Pontevedra e reanimado polo 061 antes de ser trasladado con vida ao Hospital de Montecelo, segundo informou o Concello.

Tamén se mobilizaron efectivos da Policóa Local de Pontevedra e a Policía Nacional.

Fontes oficiais descartan a posibilidade de que se trate dun intento de suicidio, aínda que a Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias do suceso.