Resístese a segunda estrela Michelín para Pepe Solla

Poio
25 de novembro 2015

A restauración galega non alcanza ningunha dobre estrela Michelín pero suma unha nova incorporación co restaurante compostelán Casa Marcelo, co que son 13 os establecementos galegos que se introducen nesta lista. O pontevedrés Pepe Solla era, un ano máis, un dos favoritos para sumar unha segunda estrela ao seu restaurante de San Salvador de Poio, pero as quinielas fallaron

Yayo Daporta, Javier Olleros, Pepe Solla e Xosé Torres, na cociña de Casa Solla
Yayo Daporta, Javier Olleros, Pepe Solla e Xosé Torres, na cociña de Casa Solla / Mónica Patxot

A restauración galega non alcanza ningunha dobre estrela Michelín pero suma unha nova incorporación co restaurante compostelán Casa Marcelo, co que son 13 os establecementos galegos que se introducen nesta lista.

O pontevedrés Pepe Solla era, un ano máis, un dos favoritos para sumar unha segunda estrela ao seu restaurante de San Salvador de Poio, pero as quinielas fallaron.

Na gala que se celebrou este mércores no Hostal dos Reis Católicos de Santiago anunciáronse 14 novos restaurantes españois cunha estrela e dous novos establecementos con dúas estrelas Michelin. No apartado das tres estrelas Michelín non houbo novas incorporacións.

Os 14 novos nomes complétaos o compostelán Casa Marcelo, que recupera unha estrela que xa ostentou no pasado e que, tras perdela e recuperala en 2010, devolveu antes de iniciar un proceso de reformulación do seu concepto.

Xunto a Casa Marcelo figuran outros 12 establecementos galegos que xa contaban o pasado ano cunha estrela Michelín, Yayo Daporta (Cambados), Culler de Pau (O Grove), Casa Solla (Poio), Pepe Vieira (Raxó), A Estación (Cambre), Alborada (A Coruña), Árbore da Vieira (A Coruña), As Garzas (Malpica), Nova (Ourense), Retiro da Costiña (Santa Comba), Silabario (Tui) e Maruja Limón (Vigo).