Restricións circulatorias este venres na Caeira por unha carreira infantil

Poio
06 de abril 2017

Segundo informou a Policía Local de Poio, entre as 10.30 e as 11.30 horas o tráfico estará cortado nas rúas Illa de Arousa, Illa de Tambo e a rúa Illa Canosa. Durante o transcurso da carreira non se poderán mover quellos vehículos que estean aparcados nestes viarios

Restricións circulatorias este venres na Caeira por unha carreira infantil
Restricións circulatorias este venres na Caeira por unha carreira infantil / Policía Local de Poio

A Caeira sufrirá restricións circulatorias este venres con motivo da celebración da terceira edición da Carreira "Gotas para Níger", que organiza o colexio Sek Atlántico de Poio.

Segundo informou a Policía Local de Poio, entre as 10.30 e as 11.30 horas o tráfico estará cortado nas rúas Illa de Arousa, Illa de Tambo e a rúa Illa Canosa. Durante o transcurso da carreira non se poderán mover quellos vehículos que estean aparcados nestes viarios.

O colexio Sek Atlántico participa, xunto a outros 19 centros educativos de toda Galicia, nunha campaña educativa de Unicef a favor da infancia en Níxer destinada a mellorar as instalacións escolares e a calidade educativa.

O obxectivo desta carreira solidaria é conseguir fondos que permitirían levar auga a 50 escolas máis no país africano.