Restricións de aparcamento na Parda para facilitar unha mobilización de limpeza

Pontevedra
13 de setembro 2022

A limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves e a zona de estacionamento das rúas As Devesas, Os Soutos e Os Montes estará valada dende a tarde do mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados cando se proceda ao corte para poder realizar os traballos serán retirados polo guindastre municipal

Máquina de varrer
Máquina de varrer / PontevedraViva

As rúas As Devesas, Os Soutos e Os Montes, na zona da Parda, terán durante as xornadas do mércores e o xoves restricións de aparcamento para facilitar un zafarrancho de limpeza impulsado desde o Concello de Pontevedra. 

A limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves e a zona de estacionamento estará valada dende a tarde do mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos.

Os vehículos que permanezan estacionados cando se proceda ao corte para poder realizar os traballos serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión na beirarrúa, na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e dos condutores para garantir un bo resultado.

Este zafarrancho forma parte dos realizados periodicamente pola Concellaría de limpeza viaria, xestionada por Raimundo González, que chegan a todos os barrios da cidade durante o ano.