Restricións de tráfico o luns por obras na Avenida de Lugo

Pontevedra
19 de xaneiro 2014

Segundo informan dende a Policía Local de Pontevedra o  luns día 20 péchase o carril de saída na Avenida de Lugo entre as glorietas de rúa San Mauro e Xoan Carlos I. A mobilidade atoparase garantida circunvalando pola rúa San Mauro e Xoan Carlos I

Con motivo das obras de humanización na Avenida de Lugo, entre as glorietas de San Mauro e Xoan Carlos I, faise preciso pechar un carril de circulación.

Segundo informan dende a Policía Local de Pontevedra o  luns día 20 péchase o carril de saída na Avenida de Lugo entre as glorietas de rúa San Mauro e Xoan Carlos I.

A mobilidade atoparase garantida circunvalando pola rúa San Mauro e Xoan Carlos I.

OBRAS DE HUMANIZACIÿN

As obras abranguen un tramo de preto de 300 metros de rúa, comprendido entre as rotondas da serraría e de San Mauro. Ambas rotondas serán ampliadas e completamente remodeladas, construíndo tamén novas beirarrúas para garantir a mobilidade peonil ao seu redor.

Os servizos e tubos soterrados serán completamente renovados para garantir unha durabilidade mínima de 25 anos e evitar así avarías na rede actual, obsoleta e deficiente.

O prazo de execución inicial das obras da Avenida de Lugo era de 12 meses pero foi reducido pola empresa adxudicataria da reforma a só 5,3 meses, polo que as obras estarán concluídas a principios do próximo verán.

O espírito do proxecto está no intento de embelecer unha entrada importante ao centro urbano e que agora presenta un aspecto totalmente inapropiado. Un dos principais obxectivos é dignificar unhas beirarrúas moi deterioradas e ordenar axeitadamente o aparcamento.

Na avenida de Lugo manteranse os dous carrís de circulación en ambos sentidos e senllos cordóns de aparcamento en batería. O lado dereito (sentido centro urbano) terá carácter de bulevar cun ancho duns 10 metros e dúas filas de árbores. O pavimento estará rematado en formigón negro. O lado esquerdo será pavimentado en lousa de cor laranxa e unha anchura de tres metros.