Retiran a porta principal e traseira da vella Casa Consistorial para a súa restauración

Pontevedra
22 de outubro 2013

As obras de rehabilitación da vella Casa Consistorial da Praza de España continúan transformando a imaxe do edificio. Nas últimas semanas a empresa adxudicataria, Ediserpo, iniciou os traballos de instalación da carpintería exterior: de madeira e cor verde, tal e como estaba orixinariamente no edificio

A vella Casa Consistorial da Praza de España, sen portas
A vella Casa Consistorial da Praza de España, sen portas / Mónica Patxot

As obras de rehabilitación da vella Casa Consistorial da Praza de España continúan transformando a imaxe do edificio. Nas últimas semanas a empresa adxudicataria, Ediserpo, iniciou os traballos de instalación da carpintería exterior: de madeira e cor verde, tal e como estaba orixinariamente no edificio.

De feito, na primeira planta do edificio xa se pode ver a nova carpintería de madeira e na práctica maioría do soto, onde se atopa o Arquivo municipal.

Na xornada deste martes retiráronse as portas principal e traseira do edificio que se someterán a un importante proceso de restauración dado o seu importante valor patrimonial e histórico. Mentres, o Concello presentará un aspecto ben distinto durante unhas semanas, á espera de completar toda a carpintería exterior.