Retiran unha árbore de grandes dimensións da Finca de Briz por risco de caída

Marín
03 de setembro 2020

Trátase dun exemplar da mesma especie que se derrubou hai semanas como consecuencia do paso dun temporal. O  Concello anuncia máis tallas que serán substituídas por especies autóctonas

Retiran unha árbore de grandes dimensións da Finca de Briz por risco de caída
Retiran unha árbore de grandes dimensións da Finca de Briz por risco de caída / Concello de Marín

Unha empresa especializada procedeu este xoves para retirar da marinense Finca de Briz unha árbore da mesma especie do que caeu no pasado por un temporal debido ao elevado risco de caída.

A concelleira responsable dos parques do municipio, Cristina Acuña, explicou que os traballos de retirada da árbore resultaron moi laboriosas polo difícil acceso para a maquinaria.

Despois de analizar o resto de especies da parcela co obxectivo de coñecer o seu estado, o Concello decidiu proceder á retirada doutras dúas acacias que ameazan tamén con vir abaixo con risco de producir danos materiais ou humanos. Esta mesma xornada foron retiradas tamén unha abeleira e outra acacia que invadían leiras lindeiras.

O goberno local comunica que nos próximos días irán eliminando os exemplares que se atopen nesta situación para repoboar a zona con especies autóctonas.