Retiran unha árbore de grandes dimensións que caera no leito do río Verdugo

Ponte Caldelas
13 de decembro 2014

Trátase dun carballo que caera durante a crecida que o río experimentou en outubro debido ás fortes choivas  

Retirada da árbore caída no río Verdugo
Retirada da árbore caída no río Verdugo / Concello de Ponte Caldelas

Operarios municipais do Concello de Ponte Caldelas procederon a retirar unha árbore de tamaño considerable que caera sobre o leito do río Verdugo.

Trátase dun carballo que se esborrallou durante a crecida que o río experimentou en outubro debido ás fortes choivas.

A posibilidade de que novas crecidas durante o inverno puidesen desprazar o tronco e causar danos o alcalde, Perfecto Rodríguez, ordenou cortar a árbore e retirala da canle.

Os traballos prolongáronse durante varios días dado a complexidade dos mesmos, xa que a presenza dunha pasarela de madeira dificultaba o acceso de maquinaria.

Por ese motivo as brigadas municipais achegaron o tronco á beira cun cable de aceiro para despois trocealo aos poucos e facilitar así a súa recollida.