Rexistrada unha alcoholemia de récord en Poio

Poio
30 de agosto 2024

Sextuplicaba a taxa de infracción e triplicaba a taxa de delito

Vehículo aparcado nunha praza reservada para persoas con discapacidade
Vehículo aparcado nunha praza reservada para persoas con discapacidade / Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio detectou un cidadán coa taxa de alcoholemia máis alta que se viu por parte dos axentes desa Xefatura.

Foi na quenda de tarde do pasado mércores, día 28 de agosto, sobre as 20:30 horas.

Os policías municipais detectaron un vehículo estacionado indebidamente nunha praza de reserva para persoas con discapacidade en Combarro.

No lugar presentouse un home que, segundo os axentes, "tiña claros síntomas de atoparse baixo os efectos do alcol",  ao realizar a proba de alcoholemia deu un resultado de 1.73 miligramos de alcol por litro de aire expirado. 

É dicir, sextuplicaba a taxa de infracción e triplicaba a taxa de delito.

A Policía Local, a efectos preventivos, inmobilizou o turismo ata que se fixo cargo outra persoa capacitada. O propietario do coche foi denunciado unicamente polo estacionamento indebido.