Rexurdir Provincial asina un convenio co Sergas de 27.000 euros para atención xurídico social

Pontevedra
27 de febreiro 2024

Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visitaba este martes a sede da Asociación Rexurdir Provincial de Pontevedra e puxo en valor o traballo das persoas que integran este colectivo para convertilo nun referente nacional

O delegado territorial da Xunta visita a sede en Pontevedra da Asociación Rexurdir Provincial
O delegado territorial da Xunta visita a sede en Pontevedra da Asociación Rexurdir Provincial / Xunta de Galicia

Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, visitaba a sede da Asociación Rexurdir Provincial.

Este mes de febreiro, esta asociación que traballa especialmente no coidado das persoas sen fogar por ser unha poboación especialmente vulnerable asinaba un convenio co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) para acometer programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos.

Rexurdir Provincial asinaba o convenio por valor de 27.000 euros para desenvolver o Programa de Atención Xurídico Social (PAXS), unha iniciativa que durante 2023 atendeu a 139 persoas.

Este programa cobre xurídica e socialmente aos usuarios da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Pontevedra e aos do servizo preventivo do Grove (Portonovo, O Grove, Sanxenxo e Meaño).

Reguera destacaba, durante a visita, o "imprescindible labor" do colectivo engadindo que Rexurdir é unha "referencia" nacional na atención a persoas drogodependentes desde os anos noventa.