Ribadumia celebrará o 7 de maio unha nova edición da Feira da Familia

O Salnés
25 de abril 2023

O prazo para anotarse a esta actividade remata o día 28 de abril a través das dependencias das oficinas de servizos sociais

Actuación do Mago Paco
Actuación do Mago Paco / Mago Paco

O Concello de Ribadumia está a rematar os preparativos para a celebración da XIII edición da Feira da Familia que se celebrará durante a tarde do 7 de maio.

A festividade incluirá xogos, inchables, karaoke, a actuación do Mago Paco e unha merenda para os máis cativos, entre outras sorpresas.

As actividades organizaranse entre as catro e as oito e media da tarde na Praza do Concello en caso de que a meteoroloxía o permita. Se chove as actividades desprazaranse ao Pavillón de Barrantes.

As persoas interesadas en acudir a esta celebración pódense inscribir ata o día 28 de abril chamando ás oficinas municipais (986718491 ou 986718499) e preguntar polo Educador Familiar dos Servizos Sociais de luns a venres en horario de 09:00 a 15:00 horas.