Ricardo Aguilar, concelleiro do PP, desvela que padece cancro

Pontevedra
24 de xuño 2014

O concelleiro popular, que se manterá afastado da actividade política municipal durante un tempo, quixo mostrar a súa confianza nunha pronta recuperación. "Espero que el problema esté resuelto en un par de meses", afirmou

Ricardo Aguilar, acompañado por Jacobo Moreira, na rolda de prensa na sede do PP PontevedraViva

Ricardo Aguilar, o concelleiro máis veterano do grupo municipal do Partido Popular, fixo público este martes que padece cancro, unha doenza pola que xa está a ser tratado dende hai un tempo. "Tengo una enfermedad por la que me están dando un tratamiento de quimioterapia", explicou o propio edil en rolda de prensa.

Aguilar, arquitecto de profesión, quixo explicar publicamente a súa situación ante os cambios físicos que vai experimentar nas próximas semanas, para atallar así as posibles especulacións que se poidan producir.

Neste sentido ironizou con que "voy a perder el poco pelo que me queda", pero afirmou que "seguro que volverá a crecer".

O concelleiro popular, que se manterá afastado da actividade política municipal durante un tempo, quixo mostrar a súa confianza nunha pronta recuperación. "Espero que el problema esté resuelto en un par de meses", concluíu.