Rogan a devolución de boletos da Lotaría de Nadal do Casino Mercantil por un erro de imprenta

Pontevedra
13 de decembro 2023

Os xestores da sociedade sinalan que esta situación afecta a aquelas persoas que mercaron as participacións fisicamente na oficina. Figura un número nos díxitos e outro distinto na letra das participacións vendidas no Parque Polideportivo de Mourente

Décimo tipo da lotería de Nadal de 2023
Décimo tipo da lotería de Nadal de 2023 / Lotería Nacional y Apuestas del Estado

En plena época de venda de participacións de Lotería de Nadal, o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra atopouse cunha incidencia nas últimas horas e emitiu un comunicado alertando ás persoas que forman parte desta sociedade do problema detectado nos boletos vendidos no Parque Polideportivo que a entidade ten na parroquia pontevedresa de Mourente.

Segundo indica a dirección, o número correcto que a entidade xoga este ano é o 52.485.

Pola contra, nesas participacións figura, por erro de imprenta, un número con díxitos e outro distinto con letra.

Por este motivo, rogan a todas aquelas persoas que adquiriron un destes números con erro que se poñan en contacto coas oficinas para realizar o cambio polo boleto coa cifra correcta ou realizar a devolución se así o desexan.

O horario de atención na oficina é de 09.00 a 23.00 horas de luns a venres.

O problema só afecta, aclaran, a persoas que mercaran o boleto de maneira física na Sociedade.

Cada unha das participacións do Casino Mercantil para o sorteo da Lotería de Nadal ten un valor de cinco euros.