Román Rodríguez felicita ao equipo de arqueólogos polo traballo desenvolvido en Cerdedo-Cotobade

Cerdedo Cotobade
15 de xaneiro 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse este luns co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e co responsable de Árbore Arqueoloxía, Benito Vilas, firma encargada dos últimos proxectos arqueolóxicos desenvolvidos neste concello pontevedrés

Visita de Román Rodríguez ao concello de Cerdedo-Cotobade
Visita de Román Rodríguez ao concello de Cerdedo-Cotobade /

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse este luns co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e co responsable de Árbore Arqueoloxía, Benito Vilas, firma encargada dos últimos proxectos arqueolóxicos desenvolvidos neste concello pontevedrés.

O titular do departamento de Cultura da Xunta coñeceu os detalles dos traballos Castro de Cividá e o petróglifo de Pedra dos Mouros e felicitou o equipo de arqueólogos polo seu labor en prol da conservación e posta en valor nestes bens. 

Así mesmo, agradeceu ao Concello a súa implicación na preservación do patrimonio cultural municipal. 

Árbore Arqueoloxía foi a encargada da realización de visitas nocturnas guiadas aos petroglifos de Mabois e Fentáns o pasado mes de outubro para conmemorar o Día Europeo da Arte Rupestre.

Tamén en outobro, a Consellería de Cultura e o Concello de Cerdedo-Cotobade asinaron un convenio de colaboración para poñer en valor o Castro de Cividá e o petróglifo de Pedra dos Mouros.