Rosalía de Castro 'vístese á moda' co desfile PONMO na Rúa

Pontevedra
11 de outubro 2013

Catro comercios da rúa, Quomo, Mepiachi, Boss two e Homes, presentaron catro estilismos coa roupa da nova tempada. Fixérono sobre unha alfombra situada entre a praza de San José e o paso de peóns da Audiencia. Estes estilismos completáronse coas lentes de ÿptica Revenga e zapatos de Daniella, outros dous establecementos comerciais da zona

Desfile 'PONMO na Rúa', celebrado na rúa Rosalía de Castro Mónica Patxot

PONMO despedía ao grande a súa primeira edición o pasado 28 de setembro. Facíao cun desfile no Recinto Feiral na que cinco firmas galegas presentaban as súas novas coleccións. Poñíase así punto e final un evento que volveu situar a Pontevedra no circuíto da moda galega. O único 'lunar' foi a suspensión dun dos seus desfiles. A choiva impediu a celebración do denominado 'PONMO na rúa'.

Dúas semanas despois, os organizadores de PONMO quixeron retomar a actividade cancelada. A rúa Rosalía de Castro converteuse por unhas horas nunha auténtica pasarela de moda. Catro comercios da rúa, Quomo, Mepiachi, Boss two e Homes, presentaron catro estilismos coa roupa da nova tempada. Fixérono sobre unha alfombra situada entre a praza de San José e o paso de peóns da Audiencia.

Estes estilismos completáronse coas lentes de ÿptica Revenga e zapatos de Daniella, outros dous establecementos comerciais da zona.

O desfile atraeu a atención de numerosos curiosos que, coa súa presenza, apoiaron esta actividade enmarcada dentro da programación da primeira edición de PONMO.