Rouban a furgoneta do Banco de Alimentos de Monte Porreiro

Pontevedra
01 de abril 2023

A entidade sen ánimo de lucro xa formularon a preceptiva denuncia por roubo ante a Policía Nacional e tamén a Policía Local de Pontevedra recibiu aviso do ocorrido. Piden colaboración cidadá para recuperar o vehículo, que resulta fundamental para o seu día a día

Furgoneta do Banco de Alimentos de Monte Porreiro
Furgoneta do Banco de Alimentos de Monte Porreiro

O Banco de Alimentos de Monte Porreiro denunciou na mañá deste sábado o roubo da súa furgoneta mentres estaba aparcada na rúa neste barrio pontevedrés

Tal e como explican desde esta entidade sen ánimo de lucro, o vehículo quedou estacionado na noite do venres e na mañá deste sábado alguén o roubaba, de modo que o delito cometeuse durante a noite. 

Os responsables xa formularon a preceptiva denuncia por roubo ante a Policía Nacional e tamén a Policía Local de Pontevedra recibiu aviso do ocorrido. 

Este roubo causa importantes contratempos ao Banco de Alimentos xestionado pola asociación O Mirador de Monte Porreiro, pois utilizan este vehículo a diario para as tarefas da entidade, fundamentalmente, a recollida de alimentos doados para a súa posterior repartición nas persoas do barrio máis necesitadas. 

Desde a entidade piden colaboración cidadá para recuperar o vehículo. É o que acompaña esta noticia.