Rouban os 'pasa areas' da praia de Mogor

Marín
04 de setembro 2021

As praias de Marín foron vítimas dun novo acto vandálico. Neste caso, o escenario foi o areal de Mogor, do que desapareceron gran parte dos 'pasa areas' colocados para mellorar o acceso á praia e garantir a accesibilidade

'Pasa areas' roubados en Mogor
'Pasa areas' roubados en Mogor /

As praias de Marín foron vítimas dun novo acto vandálico. Neste caso, o escenario foi o areal de Mogor, do que desapareceron gran parte dos 'pasa areas' colocados para mellorar o acceso á praia e garantir a accesibilidade.

O goberno municipal descubriu o roubo nas últimas horas e denunciou a reincidencia nestes feitos "incívicos" que afectan a todos os cidadáns.

Estes 'pasa areas' foran adquiridos polo Concello o ano pasado, investindo nestas estruturas de madeira e corda uns 3.500 euros.